miércoles, 17 de octubre de 2007

AS BAIUCAS DAS MARIÑAS


Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan de Desenvolvemento Turístico que levou a cabo o Grupo de Acción Local Terra das Mariñas, dentro do programa PRODER II, e que contribúe a unificar a imaxe conxunta da comarca.

A proposta de creación dunha rede de restaurantes denominados “Baiucas das Mariñas”, responde á necesidade de contar cunha rede de restauración de calidade propia, onde se comercialicen principalmente, produtos agroalimentarios da comarca, que sirva de escaparate para o resto de atractivos e oferta turística.

Obxectivos
  • Contribuír á mellora global da imaxe da comarca.

  • Crear unha referencia clara para a demanda de restauración de calidade.

  • Contribuír á rehabilitación do patrimonio

  • Crear un novo atractivo turístico propio do territorio.

  • Facer un uso eficiente dos recursos.

  • Contribuír á valoración dos produtos agrarios da comarca.

    Características xerais

    As características e requisitos que deben cumprir as Baiucas das Mariñas están reflectidas na “CARTA DE CALIDADE”, que establece as pautas a seguir para a súa implantación e posterior posta en marcha.

    1.- A creación desta rede de restaurantes, é un proxecto colectivo de desenvolvemento socio-económico, fortemente ligado ó territorio, onde se busca reforzar as súas particularidades. Principalmente están situadas en zonas rurais, ou con pouca contaminación tanto acústica como visual ou doutra índole.

    2.- Prestan especial atención ós aspectos arquitectónicos, xa que se traten de rehabilitacións ou de nova creación, primando a rehabilitación de edificios antigos, con especial coidado no tratamento dos espacios interior e exterior.

    3.- O obxectivo principal é darlle un selo de calidade ó sector da hosteleria, creando ou adaptando establecementos singulares con este proxecto, ó tempo que se xera un novo producto turístico

    4.- O número de Baiucas das Mariñas será limitado, e as iniciativas cumprirán os requisitos da Carta de Calidade.

    5.- A imaxe que identifique ós restaurantes será o Selo de Calidade, que se indicará cunha placa na porta de entrada de cada establecemento.